sábado, 2 de mayo de 2015

Xapón intenta frear o paso dos tsunamis

Constrúen unha muralla en Xapón para deter os tsunamis.

En Xapón, estase construíndo unha gran muralla de sete metros de altura, e dunha lonxitude de catrocentos quilómetros. Isto, que se fai para evitar que os tsunamis pasen cara a terra, causou en algunhas persoas, e mais en grupos ecoloxistas unha gran preocupación. 

Japón se blinda con una «Gran Muralla» contra tsunamis

Inténtase previr así, novas destruccións masivas que causan os tsunamis, coma a catástrofe de Fukushima e as mortes que causou.

Pero, moita xente está descontenta porque pensan que isto atenta contra o medioambiente e, ademais, isto fai que xa non se poida ver o mar, e que estén rodeados, facendo, ademais, que non poidan ver se se vai a producir un tsunami.


Incluso a muller do primeiro ministro manifestou a sua preocupación ante a construcción desta muralla e, poñendo en dúbida se ésta é a maneira correcta de evitar tsunamis.

Aquí vos deixo o enlace a esta noticia, por se queredes indagar máis sobre esta contrucción anti-tsunamis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario