martes, 28 de octubre de 2014

Gran avance: transplantan corazón "morto"

Médicos australianos logran transplantar por primeira vez un corazón morto.

A australiana Michelle Gribilas convertíuse na primeira persoa á que se lle transplantou un órgano morto. O órgano, un corazón, deixara de latexar facía vinte minutos.





Este transplante levouse a cabo nun hospital de Sindey. O corazón foi "resucitado" nunha máquina, convertíndoo en apto para transplantes. O que fixeron os cirurxiáns foi conectalo a un circuito estéril co que matén o calor e segue latexando.

Desta técnica xa se beneficiaron varios pacentes. Este avance axudará a reducir a escaseza de órganos.


http://www.lavoz.com.ar/ciudadanos/trasplantan-un-corazon-muerto

sábado, 18 de octubre de 2014

Novo selfie de Rosetta co cometa

Rosetta, a 16 kilómetros do cometa 67P/Churymov-Gerasimenko.


Rosetta é unha sonda espacial pertencente á Axencia Espacial Europea 
(ESA) que actualmente se encontra a 16 km de distancia do cometa 67P/Churymov-Gerasimenko.





A meta a conseguir por esta axencia é que Rosseta se pouse na superficie do cometa para poder controlalo, analizando a súa estructura e a súa composición para poder coñecer mellor as orixes do Sol e dos planetas.

Xa se sabe onde vai aterrizar, e será o 12 de novembro.

Será toda unha novidade científica poder controlar o cometa, xa que nunca puideron facelo antes.














Aquí publico unha imaxe do cometa visto dende a Terra


http://www.elmundo.es/ciencia/2014/10/14/543d47fc22601d405b8b458f.html

sábado, 11 de octubre de 2014

Nobel de Física

Inventores das luces led reciben o Nobel de Física 2014.

Os tres científicos que recibiron o premio Nobel de Física pasaron 60 anos investigando sobre a luz. Idearon un sistema de iluminación revolucionario, os led



Un led é un diodo que emite luz, pero unha luz mais barata, de maior durabilidade e mais respetuosa co medio ambiente. Os tres xaponeses lograron desarrollar o cristal de nitruro de galio necesario para a fabricación de diodos.

As luces verdes e vermellas xa se coñecían dende facía moito pero foi todo un desafío convertilas en luces brancas.

Estes, xa lograran producir, no ano 1990 luz azul.

As lámpadas led supoñen un aforro moi grande xa que duran 100000 horas mentres que as incandescentes só 1000 e as fluorescentes 10000.



http://noticias.universia.es/ciencia-nn-tt/noticia/2014/10/08/1112839/premio-nobel-fisica-2014-otorgado-creadores-led-azul.html

Púlsar

Detectan unha estrela morta coa enerxía de 10.000.000 soles.

Astrónomos descubren estrella muerta que emite energía de 10 millones de soles










A nasa detectou o resto estelar dunha supernova que emite unha enerxía equivalente a 10 millóns de soles. Os investigadores afirman que ten o poder dun buraco negro pero con menos masa.

Os púlsares pertencen ás estrelas de neutróns e, ó igual que os buracos negros, son os núcleos queimados de estrelas que estouparon. 

Os astrónomos xa facía tempo que observaran a supernova, cando, por sorpresa recibiron pulsos luminosos de raios X ultraluminosos.

Os púlsares envían faces de radiación que van dende as ondas de radio aos raios gamma de alta enerxía e interceptan na Terra como unha especie de baliza producíndo señais pulsadas.


http://www.emol.com/noticias/tecnologia/2014/10/09/684173/astronomos-descubren-estrella-muerta-que-emite-energia-de-10-millones-de-soles.html

viernes, 10 de octubre de 2014

Ébola.

O ébola. A praga de oxe en día


A praga que oxe en día nos afecta, o virus ébola, pórtano uns morcegos ( os rousettus). Foi identificado por primeira vez no ano 1976, nos países africanos o Congo e Sudán.




Ata fai pouco tempo, o virus só se atopaba no continente de orixe, África, pero debido a viaxes a outros lugares do planeta, estendeuse. Actualmente, o ébola, a parte de no continente africano atópase tamén en Europa, e sen ir mais lexos na capital española, Madrid. Tamen o atopamos, en América do norte.

Analizando o que pasa no noso país, vemos que, se trouxeron de África a un misioneiro e a un sacerdote españois co virus. Éstes morreron. Pero, o en realidade grave é que unha auxiliar, Teresa, a cal atendeu a estes enfermos, se contaxiou debido a non tomar as debidas precaucións para que isto non ocorrese. Ésta, antes de saber que contraera o ébola, fixo vida normal, estando en contacto con moitísimas persoas as que puido contaxiar, e mesmo foi ao médico e non lle informou a doutora de que estivese en contacto cos que trouxeran infectados de ébola, o que fixo que a doutora lle dignosticase gripe. Logo duns días empezouse a sentir moi mal, e informou ao hospital, o cal a trasladou nunha ambulancia, sen ningún tipo de proteccion especial nos médicos que levaba. A muller, actualmente está no hospital Carlos III, nunha sala especial. Tamén están en observación, xente coa que estivo eses días sen saber que tiña o ébola, aínda que, non se rexistrou ningún caso mais que o dela en España.



Moitos países do mundo, intentan atopar cura. O que se intentou xa foi usar o plasma dunha muller, a única que sobreviviu ao virus, para aver se ao introducilo en Teresa o seu corpo reacionaba como o da outra, salvandoa.

Logo de introducirlle o plasma, Teresa millorou. Pero, vese que volveu a empeorar, e din que teñen poucas esperanzas de sobreviva.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/04/12/ebola-males/0003_201404G12P16991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

viernes, 3 de octubre de 2014

O desxeo no ártico

O ártico segue perdendo xeo!

O ártico como é normal nos veráns, perdeu xeo. Aínda que a superficie conxelada é maior que a rexistrada no ano 2012.

Nestes anos os fenómenos meteorolóxicos xogaron un papel importante con respecto ao desxeo. En concreto, no 2007 e no 2012. 

Vése que a superficie deste ano é igual que a do ano anterior, o 2013, pero isto non significa que se esté revertindo a tendencia do ártico.

Este ano observáronse diferenzas notables no ártico. Nunha parte do ártico romper xeo, mentres que na outra o borde do xeo era moitísimo maior.
Sinalan os expertos que as condicións no ártico e no antártico son totalmente distintas.
    
       O ártico: é coma o mar mediterráneo, está rodeado de continentes.
       
       O antártico: está rodeado polo océano austral.

Unhas fotos sobre o desxeo e o ártico:



Presentación

Ola, chámome Lara Triñanes Queiruga, de 1ºB de bacharelato e este é o meu blog para Ciencias do Mundo Contemporáneo.

Iránse publicando noticias sobre ciencia.


Un saúdo!