lunes, 1 de junio de 2015

Qué pasa se non dormes nada?

Qué nos pasa cando non durmimos?

A primeira noite sen durmir o sistema mesolímbico estimúlase e a dopamina flúe. Isto quere dicir que nos sentimos máis activos, con máis enerxía. É enganoso, xa que a partir desa noite as cousas empeoran. Comezamos a sentirnos moi cansados e a adoptar un comportamento impulsivo.

Logo de dous días sen durmir o sistema inmune comeza a fallar e prodúcese un empeoramento na memoria. Mesmo nalgúns casos fai que se teñan alucinacións.


Randy Gardner aos dezasete anos decidiu, controlado por un médico, intentar non durmir. Foi a persoa que máis aguantou sen facelo, once días foi o que conseguiu. Non lle ocorreu nada, pero os científicos manteñen a posibilidade de que, como as ratas, os humanos poidan morrer por falta de sono.

Deuse un caso dun rapaz que tiña o síndrome de Morvan. Éste, non durmiu apenas nuns meses, pero, o que lle ocorría era que todos os días, nun período de máis ou menos unha hora sufría alucinacións auditivas, visuales, olfatorias e táctiles.

 Aquí vos deixo o enlace a esta curiosa noticia e, ademáis, un vídeo explicativo do que podería ocorrer se non durmimos o suficiente.