lunes, 1 de junio de 2015

Qué pasa se non dormes nada?

Qué nos pasa cando non durmimos?

A primeira noite sen durmir o sistema mesolímbico estimúlase e a dopamina flúe. Isto quere dicir que nos sentimos máis activos, con máis enerxía. É enganoso, xa que a partir desa noite as cousas empeoran. Comezamos a sentirnos moi cansados e a adoptar un comportamento impulsivo.

Logo de dous días sen durmir o sistema inmune comeza a fallar e prodúcese un empeoramento na memoria. Mesmo nalgúns casos fai que se teñan alucinacións.


Randy Gardner aos dezasete anos decidiu, controlado por un médico, intentar non durmir. Foi a persoa que máis aguantou sen facelo, once días foi o que conseguiu. Non lle ocorreu nada, pero os científicos manteñen a posibilidade de que, como as ratas, os humanos poidan morrer por falta de sono.

Deuse un caso dun rapaz que tiña o síndrome de Morvan. Éste, non durmiu apenas nuns meses, pero, o que lle ocorría era que todos os días, nun período de máis ou menos unha hora sufría alucinacións auditivas, visuales, olfatorias e táctiles.

 Aquí vos deixo o enlace a esta curiosa noticia e, ademáis, un vídeo explicativo do que podería ocorrer se non durmimos o suficiente. 

jueves, 21 de mayo de 2015

Un dron submariño mostra o fondo do mar no Caribe.

Un dron submariño móstra como é a vida a 6000 metros de profundidade.

Unha expedición duns científicos de EEUU, mostra como é o fondo mariño no mar do Caribe utilizando un dron submariño, que acadou a profundidade de 6000 metros. No Caribe encóntrase un límite de placa, a Norteamericana e a do Caribe. Isto quere dicir que é unha zona onde se poderían producir fortes terremotos.


Os científicos mapearon e exploraron as costas de Porto Rico, a cal se atopa no límite de placas tectónicas, que produciron o terremoto de Haití, e das illas Vírxenes co obxectivo de entender mellor o risco de terremotos ao redor de Porto Rico.

A fosa de Porto Rico ten uns 8000 metros de profundidade aínda que ten montañas e vales. Aquí, os científicos rastrexaron a zona cun dron, que grabou decenas de especies de peixes, corales, medusas.. e ademais especies descoñecidas para os científicos.



Déixovos o enlace a esta noticia por se vos apetece indagar máis acerca dos segredos do fondo mariño do mar do Caribe e tamén para visualizar os vídeos que publicaron nesa entrada do fondo do mar.



sábado, 16 de mayo de 2015

As moscas tamén se asustan

Según uns investigadores as moscas asustanse dunha forma similar a nós.

Científicos do instituto de tecnoloxía de California, estudaron o comportamento das moscas ao asustalas, fixándose en como se sente a mosca cada vez que unha persoa a intenta matar. As moscas teñen uns reflexos incribles. Isto fai que sexa difícil matalas pero, non sabían o que en realidade lles ocorría cada vez que alguén as asustaba.


Estes científicos fixeron probas. Asustáronas e puideron sacar conclusións das suas reaccións. Fixáronse en que cada vez que a persoa asustaba a mosca, ésta volvíase máis eufórica, poñéndose máis alerta ante outros "sustos". Tamén estudaron o comportamento cando se atopaban moitas moscas e mais cando estaban comendo.

Estas observacións fixeron concluír aos científicos que as moscas sentían o mesmo sentimento que cando a unha persoa lle intentan pegar un tiro. Ó primeiro tiro, unha persoa ponse alerta e tras varios tiros máis, a persoa séntese con mais medo, facendo que un simple portazo sexa un sobresalto. Este comportamento era similar, as moscas poñíanse cada vez máis nerviosas canto máis as asustaban.



Asombrou ao equipo de investigadores o complexo sistema das moscas, un animal tan simple.

Aquí vos deixo o enlace desta noticia, por se queredes indagar máis sobre o comportamento das moscas ao asustalas.

sábado, 2 de mayo de 2015

Xapón intenta frear o paso dos tsunamis

Constrúen unha muralla en Xapón para deter os tsunamis.

En Xapón, estase construíndo unha gran muralla de sete metros de altura, e dunha lonxitude de catrocentos quilómetros. Isto, que se fai para evitar que os tsunamis pasen cara a terra, causou en algunhas persoas, e mais en grupos ecoloxistas unha gran preocupación. 

Japón se blinda con una «Gran Muralla» contra tsunamis

Inténtase previr así, novas destruccións masivas que causan os tsunamis, coma a catástrofe de Fukushima e as mortes que causou.

Pero, moita xente está descontenta porque pensan que isto atenta contra o medioambiente e, ademais, isto fai que xa non se poida ver o mar, e que estén rodeados, facendo, ademais, que non poidan ver se se vai a producir un tsunami.


Incluso a muller do primeiro ministro manifestou a sua preocupación ante a construcción desta muralla e, poñendo en dúbida se ésta é a maneira correcta de evitar tsunamis.

Aquí vos deixo o enlace a esta noticia, por se queredes indagar máis sobre esta contrucción anti-tsunamis.

sábado, 25 de abril de 2015

As abellas prefiren o néctar con pesticidas

Según un estudo, as abellas teñen preferencia aos alimentos con pesticidas.

As abellas, concretamente a abella común e a europea, non son capaces de detectar os tres pesticidas máis comúns, o que fai que non teñan consciencia do que estan consumindo.

Sorprendentemente, ao darlle a elixir a unha abella un alimento con pesticida, e un sin éste, prefire o alimento con pesticida. O pesticida que se utilizou foi un dos pesticidas neonicotinoides.




Éste tipo de pesticidas actúan dunha forma especial, xa que sería como unha especie de droga para as abellas. Éste, actúa sobre os mismos mecanismos do cerebro das abellas, que os que lle afectan ao cerebro humano pola nicotina.

Os investigadores están bastante preocupados por éste comportamento das abellas, que, como mencionei antes, podería actuar como unha droga, que faría os alimentos máis preferibles para as abellas.


Aquí tedes o enlace a ésta noticia. É, por se queredes informárvos máis déixovos éste outro enlace.

jueves, 16 de abril de 2015

Orixe e cruzamentos dos cítricos

O maior árbol xenealóxico dos cítricos, desvélanos os cruzamentos déstes. 

O equipo de biólogos do instituto Valenciano de investigacións agrarias estudou o xenoma de 30 especies de cítricos, lendo o ADN dos cloroplastos déstes. Tralas súas investigacións, estableceron o maior árbol xenealóxico dos cítricos.


Os cítricos son un libro historia da humanidade, a expansión do Islam, o descubrimento de América,... Proceden da agora actual China. De ahí ven a famosa expesión "naranxas da china", xa que o seu ancestro, o dos cítricos, procede dalí.

Estudando a naranxa, vemos que se conseguiu pola unión do pai, que sería unha mandarina salvaxe, coa nai, nai do pomelo actual. Esta unión producíuse grazas a que o vento, levou o esperma da mandarina ata a nai do pomelo.

Grazas a esta investigación, os biólogos poden ver as especies máis resistentes, e así poder conseguir variedades mellor adaptadas.


Aquí vos deixo o enlace para informarvos máis desta investigación e tamén para que vexades todos os cruzamentos dos cítricos, veredes que todos se emparexan con todos, dando lugar a unha gran listaxe de cruzamentos.

jueves, 9 de abril de 2015

Nova especie de crustáceo atopada en O Grove

Científicos de vigo atopan nova especie de crustáceo de un milímetro.

Esta especie chamada "Uromunna naerba" mide apenas 1.5 milímetros e atópase nas prantas dos fondos mariños e nos medios terrestres. Pertence a o xénero dos crustáceos peracáridos.




Os desprazamentos déste son limitados, xa que carece de aletas que lle permitirían nadar ou deixarse suspendido na auga. Concéntranse en determinados lugares, polo de agora, só se viu no Grove, pero probablemente e segun os científicos, se encontre tamén noutros lugares cercanos, onde o fondo mariño sexa similar a o de onde se atopou.



Os investigadores explicaron que, polo feito de que non se estudou moito esta especie, este crustáceo pasou desapercibido, a ollos de outros investigadores, non que sexa unha nova especie.

É unha nova especie para a ciencia, pero obviamente, xa que ten un minúsculo tamaño, non é un exemplar nin comercial nin comestible.

Déixovos aquí o enlace a este artigo por se queredes botarlle unha ollada.

domingo, 8 de marzo de 2015

Os sorprendentes saltos das mantis relixiosas.

Científicos captan o impecable salto dunha mantis relixiosa.

Tras analizar a cámara lenta un vídeo dunha mantis relixiosa saltanto, os científicos puideron observar o perfecto salto destas.



O que nos din os científicos e que estes insectos como moitos outros que non poden voar desenrolaron mecanismos de salto espectaculares para chegar aos seus obxectivos. Neste caso, as mantis fan uns movementos moi peculiares, xa que outros insectos descontrólanse á hora de facer calquera salto.

Atendendo agora a como fan o salto, vemos como se preparan movendo a cabeza hacia o seu obxectivo, como inpulsan o corpo xirando o abdome cara arriba e, unha vez no aire, xiran controlando o movemento coas patas e o corpo.

Deixovos o vídeo para que vexades o increíble salto da mantis.



Pinchade aquí para máis información sobre este curioso salto.

sábado, 7 de marzo de 2015

Astrónomos descobren unha galaxia con pó do universo primitivo.

Achan pó do universo temperá, algo que nunca se vira anteriormente.

Según nos contan os científicos, a galaxia na que se atopou pó é a mais lonxana que se puido ver nunca. E que puideron ver o pó grazas a que as estrelas das galaxias emiten radiación e que esta, logo, emite luz no infrarroxo lonxano da que podemos concluír que hai pó nesa galaxia.


Pensábase que nas galaxias primitivas só habia gas, pero agora sabemos que as galaxias se enriqueceron rapidamente coas partículas de pó carbono e osíxeno e que, asi se formaron os planetas.

Os elementos do pó son sintentizados polo proceso de combustión nuclear das estrelas e expúlsanse ao espazo cando a estrela morre, por iso,cada vez se formarían máis partículas de pó distintas. 

Grazas ao descubrimento vemos como este pó xa se formara con moita máis rapidez da pensada no universo.

                                    

Pinchade aquí se queredes informárvos máis acerca deste descubrimento astronómico.




viernes, 13 de febrero de 2015

Embrións con tres pais xenéticos.


Técnica que evitaría a transmisión de enfermidades xenéticas.

Ésta técnica desenvolvida polos investigadores de Newcastle, consiste en utilizar unha versión da fertilización in vitro para xuntar o material xenético de un home e dúas mulleres para así evitar que os descendentes herden enfermidades causadas polas mitocondrias.




Ésta faría que as enfermidades graves tales como cegueira, danos cerebrais e outras máis procedentes das mitocondrias da nai, non se poidan transmitir das nais aos fillos. E, o que se faria sería extraer o ADN da nai e introducilo no doutra muller. Según din os expertos, a descendencia tería un 99.9% de xenes da nai.

En Reino Unido, xa está legalizada, aínda que causou moita polémica en tódolos países, como é no caso de España, na que a ley non o permite.

Aquí vos deixo un enlace a un vídeo por se queredes informarvos máis acerca deste método.

Pinchade aquí para ler máis acerca deste post.




Captado un cúmulo de galaxias sorrinte

O telescopio da Nasa "Hubble", acha un cúmulo de galaxias.

É unha imaxe captada polo telescopio da Nasa (Hubble) na que se ven claramente dous ollos naranxas que serían dúas galaxias moi luminosas, logo vemos un puntiño branco e unha sonrisa, que serían uns arcos causados polo efecto chamado lente gravitacional forte.





Ésta cara recórdanos ao "Smiley" que todos coñecemos, por iso chamou tanto a atención atopar algo así no espazo.

Centrándonos nos cúmulos de galaxias, podemos dicir que exercen unha atracción gravitatoria capaz de deformar o espacio-tempo arredor delas. Éstas actúan como lentes cósmicas que distorsionan a luz, como ben vemos na imaxe destas.

Para os científicos, é un gran descubrimento xa que se pode explicar pola teoría de Einstein sobre a teoría da relatividade xeral.

Según a ESA (axencia espacial europea), o telescopio Hubble permítenos, grazas ás súas ferramentas para sondear as galaxias, ir máis alá do Universo que coñecemos.

Se queredes consultar máis datos sobre este post, pinchade aquí


jueves, 5 de febrero de 2015

Investigadores capturan vídeo de descargas de raios ascendentes.

Tras este vídeo capturado, poderáse estudar mellor este fenómeno.

Investigadores do instituto de tecnoloxía de Florida, capturan un sorprendente vídeo das descargas de raios ascendentes.

Estas descargas ascendentes clasifícanse en función das súas altitudes terminais, temos tres tipos: entrantes (de 20 a 30km), avións (de 40 a 50km) e por último os chorros xigantescos (de 70 a 90km).
Os investigadores agora poden conprender mellor as diferenzas e as similitudes que existen entre estes tres tipos de descargas.



As conclusións ás que chega o investigador Ningyu Liu son que estas descargas transmiten moita carga eléctrica á atmosfera superior. Él di que ísto pode afectar ao clima e á formación das nubes.

Aquí vos deixo este vídeo, o que eles capturaron e polo que obterán mais información sobre estas raras e difíciles de atopar, descargas de raios ascendentes.


 Pinchade aquí para ver a noticia deste post.                                                              



lunes, 26 de enero de 2015

Probas desvelan que se poden trasplantar riñóns conxelados



Unha investigación da UPV demostra que se poden trasplantar riñóns conxelados.

A investigación da Universidade Politécnica de Valencia e do hospital "La Fe" dxemostran que, tralas probas feitas con animais, os riñóns embrionarios almacenados en criobancos a temperaturas de -196 graos, se comportan do mesmo xeito ca os riñóns frescos á hora de trasplantalos.



Éste descubrimento facilíta a situación á hora dos trasplantes, xa que os riñóns se poderían gardar conxelados e sacalos cando se precisen, sen necesidade de trasplantalo ao mesmo tempo, o que fai que sexa moito máis cómodo.


Resultou, para os científicos un gran avance, xa que, non para de crecer a demanda destes órganos, e para eles, o seguinte paso sería demostrar que se poden trasplantar os órganos de distintas especies, o que faría poder utilizar os órganos de animais con fins curativos en humanos.

Aquí vos deixo un enlace para informarvos máis acerca desta investigación.



jueves, 15 de enero de 2015

Consecuencias da inactividade física

A falta de actividade física provoca o dobre de mortes cá obesidade.

Segundo a revista American Journal of Clinical Nutrition, na cal dicía que, tras realizar un estudo minucioso de homes e mulleres, mirando a súa alura, o seu peso, a súa actividade física,.. durante doce anos, se chegara á conclusión de que as persoas con unha nula actividade física tiñan peores consecuencias que ter obesidade, ísto é, que as mortes por inactividade física eran o dobre ca as da obesidade.

Estes datos, afírmannos que, polo menos hai que moverse un pouco cada día, para recudir o sedentarismo. Con uns 20 minutos andando ao día teremos menos posibilidades de ter unha morte temperá. Levando tamén unha vida máis saudable.



Datos recentes sobre mortes, amósannos como 337.000 de mortes nun ano, se debían á obesidade. Pero, 676.000, o dobre ca as debidas á obesidade, se trataban de mortes por inactividade física.

Aquí tedes a noticia, da Voz de Galicia sobre post.

lunes, 12 de enero de 2015

Desenvolven roupa superillante

Científicos desenvolven roupa superillante que reduciría a necesidade de calefacción.

Científicos da Universidade de Stanford desenvolveron, a traves da inmersión das prendas en nanocables de prata, prendas superillantes. Se fose de prata sería incómoda e intranspirable pero, ao estar bañada por nanocables de prata permite que, debido ás estructuras porosas dos nanocables, haxa moito espazo entre as moléculas de vapor de auga, o cal é mais cómoda e transpirable.

Ésta roupa, frente ao 20% dos xerseys de lá, reflexa o 90% da calor corporal.









Ésta innovación podería axudar a reducir o gasto da calefacción, que, hoxe en día é un gasto moi grande. Deste xeito, estarías máis quente sen necesidade de gastar tanto diñeiro.

É, unha forma máis de aforrar diñeiro.

Aquí tedes un enlace, para máis información sobre esta innovadora roupa.