domingo, 8 de marzo de 2015

Os sorprendentes saltos das mantis relixiosas.

Científicos captan o impecable salto dunha mantis relixiosa.

Tras analizar a cámara lenta un vídeo dunha mantis relixiosa saltanto, os científicos puideron observar o perfecto salto destas.



O que nos din os científicos e que estes insectos como moitos outros que non poden voar desenrolaron mecanismos de salto espectaculares para chegar aos seus obxectivos. Neste caso, as mantis fan uns movementos moi peculiares, xa que outros insectos descontrólanse á hora de facer calquera salto.

Atendendo agora a como fan o salto, vemos como se preparan movendo a cabeza hacia o seu obxectivo, como inpulsan o corpo xirando o abdome cara arriba e, unha vez no aire, xiran controlando o movemento coas patas e o corpo.

Deixovos o vídeo para que vexades o increíble salto da mantis.



Pinchade aquí para máis información sobre este curioso salto.

sábado, 7 de marzo de 2015

Astrónomos descobren unha galaxia con pó do universo primitivo.

Achan pó do universo temperá, algo que nunca se vira anteriormente.

Según nos contan os científicos, a galaxia na que se atopou pó é a mais lonxana que se puido ver nunca. E que puideron ver o pó grazas a que as estrelas das galaxias emiten radiación e que esta, logo, emite luz no infrarroxo lonxano da que podemos concluír que hai pó nesa galaxia.


Pensábase que nas galaxias primitivas só habia gas, pero agora sabemos que as galaxias se enriqueceron rapidamente coas partículas de pó carbono e osíxeno e que, asi se formaron os planetas.

Os elementos do pó son sintentizados polo proceso de combustión nuclear das estrelas e expúlsanse ao espazo cando a estrela morre, por iso,cada vez se formarían máis partículas de pó distintas. 

Grazas ao descubrimento vemos como este pó xa se formara con moita máis rapidez da pensada no universo.

                                    

Pinchade aquí se queredes informárvos máis acerca deste descubrimento astronómico.