viernes, 13 de febrero de 2015

Embrións con tres pais xenéticos.


Técnica que evitaría a transmisión de enfermidades xenéticas.

Ésta técnica desenvolvida polos investigadores de Newcastle, consiste en utilizar unha versión da fertilización in vitro para xuntar o material xenético de un home e dúas mulleres para así evitar que os descendentes herden enfermidades causadas polas mitocondrias.




Ésta faría que as enfermidades graves tales como cegueira, danos cerebrais e outras máis procedentes das mitocondrias da nai, non se poidan transmitir das nais aos fillos. E, o que se faria sería extraer o ADN da nai e introducilo no doutra muller. Según din os expertos, a descendencia tería un 99.9% de xenes da nai.

En Reino Unido, xa está legalizada, aínda que causou moita polémica en tódolos países, como é no caso de España, na que a ley non o permite.

Aquí vos deixo un enlace a un vídeo por se queredes informarvos máis acerca deste método.

Pinchade aquí para ler máis acerca deste post.




Captado un cúmulo de galaxias sorrinte

O telescopio da Nasa "Hubble", acha un cúmulo de galaxias.

É unha imaxe captada polo telescopio da Nasa (Hubble) na que se ven claramente dous ollos naranxas que serían dúas galaxias moi luminosas, logo vemos un puntiño branco e unha sonrisa, que serían uns arcos causados polo efecto chamado lente gravitacional forte.





Ésta cara recórdanos ao "Smiley" que todos coñecemos, por iso chamou tanto a atención atopar algo así no espazo.

Centrándonos nos cúmulos de galaxias, podemos dicir que exercen unha atracción gravitatoria capaz de deformar o espacio-tempo arredor delas. Éstas actúan como lentes cósmicas que distorsionan a luz, como ben vemos na imaxe destas.

Para os científicos, é un gran descubrimento xa que se pode explicar pola teoría de Einstein sobre a teoría da relatividade xeral.

Según a ESA (axencia espacial europea), o telescopio Hubble permítenos, grazas ás súas ferramentas para sondear as galaxias, ir máis alá do Universo que coñecemos.

Se queredes consultar máis datos sobre este post, pinchade aquí


jueves, 5 de febrero de 2015

Investigadores capturan vídeo de descargas de raios ascendentes.

Tras este vídeo capturado, poderáse estudar mellor este fenómeno.

Investigadores do instituto de tecnoloxía de Florida, capturan un sorprendente vídeo das descargas de raios ascendentes.

Estas descargas ascendentes clasifícanse en función das súas altitudes terminais, temos tres tipos: entrantes (de 20 a 30km), avións (de 40 a 50km) e por último os chorros xigantescos (de 70 a 90km).
Os investigadores agora poden conprender mellor as diferenzas e as similitudes que existen entre estes tres tipos de descargas.



As conclusións ás que chega o investigador Ningyu Liu son que estas descargas transmiten moita carga eléctrica á atmosfera superior. Él di que ísto pode afectar ao clima e á formación das nubes.

Aquí vos deixo este vídeo, o que eles capturaron e polo que obterán mais información sobre estas raras e difíciles de atopar, descargas de raios ascendentes.


 Pinchade aquí para ver a noticia deste post.