jueves, 21 de mayo de 2015

Un dron submariño mostra o fondo do mar no Caribe.

Un dron submariño móstra como é a vida a 6000 metros de profundidade.

Unha expedición duns científicos de EEUU, mostra como é o fondo mariño no mar do Caribe utilizando un dron submariño, que acadou a profundidade de 6000 metros. No Caribe encóntrase un límite de placa, a Norteamericana e a do Caribe. Isto quere dicir que é unha zona onde se poderían producir fortes terremotos.


Os científicos mapearon e exploraron as costas de Porto Rico, a cal se atopa no límite de placas tectónicas, que produciron o terremoto de Haití, e das illas Vírxenes co obxectivo de entender mellor o risco de terremotos ao redor de Porto Rico.

A fosa de Porto Rico ten uns 8000 metros de profundidade aínda que ten montañas e vales. Aquí, os científicos rastrexaron a zona cun dron, que grabou decenas de especies de peixes, corales, medusas.. e ademais especies descoñecidas para os científicos.



Déixovos o enlace a esta noticia por se vos apetece indagar máis acerca dos segredos do fondo mariño do mar do Caribe e tamén para visualizar os vídeos que publicaron nesa entrada do fondo do mar.



sábado, 16 de mayo de 2015

As moscas tamén se asustan

Según uns investigadores as moscas asustanse dunha forma similar a nós.

Científicos do instituto de tecnoloxía de California, estudaron o comportamento das moscas ao asustalas, fixándose en como se sente a mosca cada vez que unha persoa a intenta matar. As moscas teñen uns reflexos incribles. Isto fai que sexa difícil matalas pero, non sabían o que en realidade lles ocorría cada vez que alguén as asustaba.


Estes científicos fixeron probas. Asustáronas e puideron sacar conclusións das suas reaccións. Fixáronse en que cada vez que a persoa asustaba a mosca, ésta volvíase máis eufórica, poñéndose máis alerta ante outros "sustos". Tamén estudaron o comportamento cando se atopaban moitas moscas e mais cando estaban comendo.

Estas observacións fixeron concluír aos científicos que as moscas sentían o mesmo sentimento que cando a unha persoa lle intentan pegar un tiro. Ó primeiro tiro, unha persoa ponse alerta e tras varios tiros máis, a persoa séntese con mais medo, facendo que un simple portazo sexa un sobresalto. Este comportamento era similar, as moscas poñíanse cada vez máis nerviosas canto máis as asustaban.



Asombrou ao equipo de investigadores o complexo sistema das moscas, un animal tan simple.

Aquí vos deixo o enlace desta noticia, por se queredes indagar máis sobre o comportamento das moscas ao asustalas.

sábado, 2 de mayo de 2015

Xapón intenta frear o paso dos tsunamis

Constrúen unha muralla en Xapón para deter os tsunamis.

En Xapón, estase construíndo unha gran muralla de sete metros de altura, e dunha lonxitude de catrocentos quilómetros. Isto, que se fai para evitar que os tsunamis pasen cara a terra, causou en algunhas persoas, e mais en grupos ecoloxistas unha gran preocupación. 

Japón se blinda con una «Gran Muralla» contra tsunamis

Inténtase previr así, novas destruccións masivas que causan os tsunamis, coma a catástrofe de Fukushima e as mortes que causou.

Pero, moita xente está descontenta porque pensan que isto atenta contra o medioambiente e, ademais, isto fai que xa non se poida ver o mar, e que estén rodeados, facendo, ademais, que non poidan ver se se vai a producir un tsunami.


Incluso a muller do primeiro ministro manifestou a sua preocupación ante a construcción desta muralla e, poñendo en dúbida se ésta é a maneira correcta de evitar tsunamis.

Aquí vos deixo o enlace a esta noticia, por se queredes indagar máis sobre esta contrucción anti-tsunamis.