viernes, 10 de octubre de 2014

Ébola.

O ébola. A praga de oxe en día


A praga que oxe en día nos afecta, o virus ébola, pórtano uns morcegos ( os rousettus). Foi identificado por primeira vez no ano 1976, nos países africanos o Congo e Sudán.




Ata fai pouco tempo, o virus só se atopaba no continente de orixe, África, pero debido a viaxes a outros lugares do planeta, estendeuse. Actualmente, o ébola, a parte de no continente africano atópase tamén en Europa, e sen ir mais lexos na capital española, Madrid. Tamen o atopamos, en América do norte.

Analizando o que pasa no noso país, vemos que, se trouxeron de África a un misioneiro e a un sacerdote españois co virus. Éstes morreron. Pero, o en realidade grave é que unha auxiliar, Teresa, a cal atendeu a estes enfermos, se contaxiou debido a non tomar as debidas precaucións para que isto non ocorrese. Ésta, antes de saber que contraera o ébola, fixo vida normal, estando en contacto con moitísimas persoas as que puido contaxiar, e mesmo foi ao médico e non lle informou a doutora de que estivese en contacto cos que trouxeran infectados de ébola, o que fixo que a doutora lle dignosticase gripe. Logo duns días empezouse a sentir moi mal, e informou ao hospital, o cal a trasladou nunha ambulancia, sen ningún tipo de proteccion especial nos médicos que levaba. A muller, actualmente está no hospital Carlos III, nunha sala especial. Tamén están en observación, xente coa que estivo eses días sen saber que tiña o ébola, aínda que, non se rexistrou ningún caso mais que o dela en España.



Moitos países do mundo, intentan atopar cura. O que se intentou xa foi usar o plasma dunha muller, a única que sobreviviu ao virus, para aver se ao introducilo en Teresa o seu corpo reacionaba como o da outra, salvandoa.

Logo de introducirlle o plasma, Teresa millorou. Pero, vese que volveu a empeorar, e din que teñen poucas esperanzas de sobreviva.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2014/04/12/ebola-males/0003_201404G12P16991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

No hay comentarios:

Publicar un comentario