Unha expedición duns científicos de EEUU, mostra como é o fondo mariño no mar do Caribe utilizando un dron submariño, que acadou a profundidade de 6000 metros. No Caribe encóntrase un límite de placa, a Norteamericana e a do Caribe. Isto quere dicir que é unha zona onde se poderían producir fortes terremotos.
Os científicos mapearon e exploraron as costas de Porto Rico, a cal se atopa no límite de placas tectónicas, que produciron o terremoto de Haití, e das illas Vírxenes co obxectivo de entender mellor o risco de terremotos ao redor de Porto Rico.

A fosa de Porto Rico ten uns 8000 metros de profundidade aínda que ten montañas e vales. Aquí, os científicos rastrexaron a zona cun dron, que grabou decenas de especies de peixes, corales, medusas.. e ademais especies descoñecidas para os científicos.
Déixovos o enlace a esta noticia por se vos apetece indagar máis acerca dos segredos do fondo mariño do mar do Caribe e tamén para visualizar os vídeos que publicaron nesa entrada do fondo do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario