sábado, 16 de mayo de 2015

As moscas tamén se asustan

Según uns investigadores as moscas asustanse dunha forma similar a nós.

Científicos do instituto de tecnoloxía de California, estudaron o comportamento das moscas ao asustalas, fixándose en como se sente a mosca cada vez que unha persoa a intenta matar. As moscas teñen uns reflexos incribles. Isto fai que sexa difícil matalas pero, non sabían o que en realidade lles ocorría cada vez que alguén as asustaba.


Estes científicos fixeron probas. Asustáronas e puideron sacar conclusións das suas reaccións. Fixáronse en que cada vez que a persoa asustaba a mosca, ésta volvíase máis eufórica, poñéndose máis alerta ante outros "sustos". Tamén estudaron o comportamento cando se atopaban moitas moscas e mais cando estaban comendo.

Estas observacións fixeron concluír aos científicos que as moscas sentían o mesmo sentimento que cando a unha persoa lle intentan pegar un tiro. Ó primeiro tiro, unha persoa ponse alerta e tras varios tiros máis, a persoa séntese con mais medo, facendo que un simple portazo sexa un sobresalto. Este comportamento era similar, as moscas poñíanse cada vez máis nerviosas canto máis as asustaban.



Asombrou ao equipo de investigadores o complexo sistema das moscas, un animal tan simple.

Aquí vos deixo o enlace desta noticia, por se queredes indagar máis sobre o comportamento das moscas ao asustalas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario