A primeira noite sen durmir o sistema mesolímbico estimúlase e a dopamina flúe. Isto quere dicir que nos sentimos máis activos, con máis enerxía. É enganoso, xa que a partir desa noite as cousas empeoran. Comezamos a sentirnos moi cansados e a adoptar un comportamento impulsivo.
Logo de dous días sen durmir o sistema inmune comeza a fallar e prodúcese un empeoramento na memoria. Mesmo nalgúns casos fai que se teñan alucinacións.
Deuse un caso dun rapaz que tiña o síndrome de Morvan. Éste, non durmiu apenas nuns meses, pero, o que lle ocorría era que todos os días, nun período de máis ou menos unha hora sufría alucinacións auditivas, visuales, olfatorias e táctiles.
Aquí vos deixo o enlace a esta curiosa noticia e, ademáis, un vídeo explicativo do que podería ocorrer se non durmimos o suficiente.