jueves, 13 de noviembre de 2014

Philae conseguiu pousarse no cometa



Como xa comentara noutro post do meu blog, unha sonda, Rosetta, tiña unha misión de xa facía 20 anos, os 10 últimos no espazo, percorréndoo para chegar ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.E, onte, o 12 de novembro de 2014, conseguiuno! 




Philae foi liberado de Rosetta sete horas antes de que se pousara no cometa. Pero, non o fixo como esperabamos. Só se puido agarrar ao cometa por tornillos, os arpóns que levaba para evitar rebotar ao espazo falláronlle.

Histórico aterrizaje en un cometa
A batería de  Philae durará 64 horas, das que recollerá información sobre a orixe da vida e sobre a auga na Terra. Se os paneis solares que leva incorporados conseguen regargarllela batería, poderemos recoller información sobre o cometa durante 3 meses.


É unha data para recordar, a primeira vez na historia que conseguimos, os humanos, chegar ata un cometa a través dunha sonda, analizando así o cometa.

Pinchade aquí para acceder á páxina do periódico ABC.


1 comentario:

  1. Moi boa entrada emoi boaligazón. Mais unha das fotos non se ve. Segue así.

    ResponderEliminar