sábado, 29 de noviembre de 2014

Homo heidelbergensis

Estudando o homo heidelbergensis


Nesta entrada imos falar do homo heidelbergensis.
Esta especie, do xénero homo surxiu hai aproximadamente uns 600000 anos e, extinguiuse logo de 350000 anos. É un antepasado directo dos neanderthalensis, pero non dos humáns modernos.


Os primeiros fósiles dos heidelbergensis foron atopados na cidade de Heidelberg, en Alemaña. Tamén os temos en Atapuerca, España onde se atopou parte da súa anatomía, coma o cráneo completo atopado en 2006.


Podemos dicir deles que tiñan un cráneo aplanado moi grande, duns 1350 cm3. Posuían mandíbulas saíntes e unha gran abertura nasal. Eran moi altos e fortes, chegaban a medir 1.80 m, e pesarían uns 105 kg. Un parecido destes a nos, é a súa capacidade craneal, así como tamén o e o seu aparello fonador. Pénsase que tiñan unha liguaxe propia.


          





Analizando as ferramentas que usaban, tiñan o bifaz, as puntas, raspadores de madeira, óso e asta. Tiñan fortes relacións afectivas, o que os capacitaba para producir eficaces estratexias de caza e de supervivencia.
Alimentábanse do que cazaban, tiñan unha alimentación carnívora.



Aqui vos deixo uns enlaces por se queredes consultar mais a fondo a esta especie.









No hay comentarios:

Publicar un comentario