jueves, 9 de abril de 2015

Nova especie de crustáceo atopada en O Grove

Científicos de vigo atopan nova especie de crustáceo de un milímetro.

Esta especie chamada "Uromunna naerba" mide apenas 1.5 milímetros e atópase nas prantas dos fondos mariños e nos medios terrestres. Pertence a o xénero dos crustáceos peracáridos.




Os desprazamentos déste son limitados, xa que carece de aletas que lle permitirían nadar ou deixarse suspendido na auga. Concéntranse en determinados lugares, polo de agora, só se viu no Grove, pero probablemente e segun os científicos, se encontre tamén noutros lugares cercanos, onde o fondo mariño sexa similar a o de onde se atopou.



Os investigadores explicaron que, polo feito de que non se estudou moito esta especie, este crustáceo pasou desapercibido, a ollos de outros investigadores, non que sexa unha nova especie.

É unha nova especie para a ciencia, pero obviamente, xa que ten un minúsculo tamaño, non é un exemplar nin comercial nin comestible.

Déixovos aquí o enlace a este artigo por se queredes botarlle unha ollada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario