sábado, 7 de marzo de 2015

Astrónomos descobren unha galaxia con pó do universo primitivo.

Achan pó do universo temperá, algo que nunca se vira anteriormente.

Según nos contan os científicos, a galaxia na que se atopou pó é a mais lonxana que se puido ver nunca. E que puideron ver o pó grazas a que as estrelas das galaxias emiten radiación e que esta, logo, emite luz no infrarroxo lonxano da que podemos concluír que hai pó nesa galaxia.


Pensábase que nas galaxias primitivas só habia gas, pero agora sabemos que as galaxias se enriqueceron rapidamente coas partículas de pó carbono e osíxeno e que, asi se formaron os planetas.

Os elementos do pó son sintentizados polo proceso de combustión nuclear das estrelas e expúlsanse ao espazo cando a estrela morre, por iso,cada vez se formarían máis partículas de pó distintas. 

Grazas ao descubrimento vemos como este pó xa se formara con moita máis rapidez da pensada no universo.

                                    

Pinchade aquí se queredes informárvos máis acerca deste descubrimento astronómico.




No hay comentarios:

Publicar un comentario