jueves, 15 de enero de 2015

Consecuencias da inactividade física

A falta de actividade física provoca o dobre de mortes cá obesidade.

Segundo a revista American Journal of Clinical Nutrition, na cal dicía que, tras realizar un estudo minucioso de homes e mulleres, mirando a súa alura, o seu peso, a súa actividade física,.. durante doce anos, se chegara á conclusión de que as persoas con unha nula actividade física tiñan peores consecuencias que ter obesidade, ísto é, que as mortes por inactividade física eran o dobre ca as da obesidade.

Estes datos, afírmannos que, polo menos hai que moverse un pouco cada día, para recudir o sedentarismo. Con uns 20 minutos andando ao día teremos menos posibilidades de ter unha morte temperá. Levando tamén unha vida máis saudable.



Datos recentes sobre mortes, amósannos como 337.000 de mortes nun ano, se debían á obesidade. Pero, 676.000, o dobre ca as debidas á obesidade, se trataban de mortes por inactividade física.

Aquí tedes a noticia, da Voz de Galicia sobre post.

1 comentario:

  1. Ola Lara. Unha información crucial que é moi importante divulgar. Bo post, boa imaxe e boa ligazón. Segue así.

    ResponderEliminar