Como xa comentara noutro post do meu blog, unha sonda, Rosetta, tiña unha misión de xa facía 20 anos, os 10 últimos no espazo, percorréndoo para chegar ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko.E, onte, o 12 de novembro de 2014, conseguiuno!

Philae foi liberado de Rosetta sete horas antes de que se pousara no cometa. Pero, non o fixo como esperabamos. Só se puido agarrar ao cometa por tornillos, os arpóns que levaba para evitar rebotar ao espazo falláronlle.
A batería de Philae durará 64 horas, das que recollerá información sobre a orixe da vida e sobre a auga na Terra. Se os paneis solares que leva incorporados conseguen regargarllela batería, poderemos recoller información sobre o cometa durante 3 meses.
É unha data para recordar, a primeira vez na historia que conseguimos, os humanos, chegar ata un cometa a través dunha sonda, analizando así o cometa.
Moi boa entrada emoi boaligazón. Mais unha das fotos non se ve. Segue así.
ResponderEliminar